miércoles, 24 de junio de 2020

BO VERÁN!!

Boas días familias, este ano @s nosos peques foron tod@s uns valentes, por iso as mestras queremos desexarvos un moi bo verán.

Vémonos en setembro


martes, 16 de junio de 2020

NÓS TAMÉN CREAMOS



Este ano os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil xunto coas mestras Cris Nuñez, Laura Méndez, Cris Pérez e Noemí Budiño participamos no Plan Proxecta “Nós tamén creamos”. 

Para a elaboración da curtametraxe tivemos que realizar diversas actividades como a elección dun conto da editorial OQO, facer os decorados, elaborar un guión, gravar escenas e voces…. 

Aquí mostrámosvos algunhas das fotos de todo o proceso. Como se pode apreciar os máis cativos e cativas desfrutaron e aprenderon moito!
Esperamos que vos guste o resultado.





Podedes ver a curtametraxe e o making off na web do centro, aquí vos deixamos o enlace :





domingo, 7 de junio de 2020

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

Boas familias, unha semana máis estamos moi contentas coa participación dos nosos peques. Esta semana con motivo de que o día 5 de xuño foi o Día Mundial do Medio Ambiente realizáronse actividades relacionadas con iso, aquí podedes ver algunhas delas. 

Moito ánimo que xa estamos a piques de rematar o curso!








lunes, 1 de junio de 2020

OS SENTIDOS

Boas familias, esta semana @s peques estiveron experimentando cos sentidos, aquí vos deixamos unha mostra do que fixeron co sentido do olfacto e da vista.








viernes, 22 de mayo de 2020

OS ANIMAIS

ANIMAIS MOLÓNS!

Que valentes foron @s nos@s peques esta semana, que non tiveron medo a achegarse a estes animais.

ANIMAIS CON ROLLO!








viernes, 8 de mayo de 2020

EXPLORANDO XUNT@S!

Os cativos/as de Vilaxoan teñen moitas ganas de seguir aprendendo cousas novas, por iso esta semana adicánronse a descubrir explorando.

VEXO VEXO, QUE VES?






MENUDOS DESCUBRIMENTOS!











viernes, 1 de mayo de 2020

MAIOS

Xa que non podemos sair da casa celebramos os maios de maneira diferente. 

O maíño maio é moi pillaban 
quere que lle dean os cartos na man. 

Para facer o maio tivemos que roubar 
flores e fiunchos na horta de San Blas. 





SEMANA DA ARTE

Ola familias,

Esta semana convertéstesvos en tod@s uns/unhas artistas, menudas creacións realizastes. Aquí vos deixamos un pequeno adianto.








Mirade que artistas! Seguide mandándonos fotos que iremos ampliando o vídeo.